jueves, 21 de junio de 2012

REMATA O CURSO...

Como todos os anos o curso chega ao seu fin, e inevitablemente, o momento das despedidas.

Pola miña parte só dicir que foi un verdadeiro pracer compartir este curso con todos vós, e que no meu recordo quedarán todos esos bos momentos que vivimos xuntos e que xamais poderán borrarse.

Este fin de curso dista moito do que a min me gustaría, digamos que foi un tanto "accidentado" e por iso gustaríame desculparme públicamente.

E xa por último, como as despedidas non che me gustan nadiña, só dicir GRAZAS!! Comezando por todos os nenos e nenas, pasando polas familias, mestres e mestras e rematando co resto da comunidade educativa.












miércoles, 20 de junio de 2012

martes, 19 de junio de 2012

VERMES DE SEDA

Como xa sabedes, este curso tivemos na clase VERMES DE SEDAAAA!!! Chegaron ao principio da primavera sendo moi pequeniños, facía poucos días que saíran do seu ovo, pero tanto lles demos de comer que enseguida medraron e engordaron, facendo diferentes mudas e pasando polas diferentes idades que debe pasar un gusano de seda.



Sabedes que os vermes de seda so comen follas de moreira? Sí, sí, son moi exquisitos eles, non queren ningunha outra comida. E non precisan beber, chégalles a auga que conteñen as follas.




Aquí vedes os nosos vermiños que siguen medrando, xa pasaron pola 1ª idade, a 2ª idade, a 3ª idade, a 4ª idade e dentro de pouco chegarán á 5ª idade. Nesta última etapa os vermes xa a penas comen e é que xa lles chegou a hora de fabricar o seu casulo de seda.




Os vermes comezan a encher todo de seda, que é ese fío branco que vedes. Antes de comezar a facer o casulo os vermes teñen algo parecido a descomposición como se ve nunha das fotos de arriba. Despois buscan un recuncho que lles sexa cómodo e comezan a retorcerse mentras botan a seda, dando voltas e máis voltas...




Aquí temos 2 dos nosos gusanos xa metidos no capuio e o terceiro a punto de comezar a facelo. A primeira seda que botan é de cor branco, pero a que recobre o capuio pode ser  ademáis de branca, amarela ou laranxa. No caso dos nosos vermes, como vedes, fixeron uns perfectos capuios de cor amarela.
Agora temos que esperar ó redor de 22 días para que realicen aí dentro a metamorfose, é dicir, a transformación de verme a bolboreta. Aí dentro pasan pola súa 6ª idade.

Todos os días miramos a ver si saiu algo do casulo, pero os días pasan...e....



Saiu a nosa primeira bolboreta!! e mirade que buratiño máis pequeniño e perfecto fixo para sair. As bolboretas expulsan un líquido que abranda a seda do casulo para que lles resulte máis doado rompelo e sair.

Cremos que esta bolboreta é macho, pois o verme que fixo ese casulo era máis pequeno que o resto e polo que investigamos as hembras son de maior tamaño.

Por certo, sabiades que estas bolboretas non voan? asique podemos quedar tranquilos que non nos van escapar.
Tampouco lles temos que botar de comer, unha vez que saen do casulo xa non comen, o seu único obxectivo é aparearse e poñer os ovos.

Pasaron algúns días máis e...


Saiu outra bolboreta!!


E parece que era hembra porque estiveron todo o día apareándose! De vez en cando o macho movía as ás.


Ó cabo duns días a hembra puxo os ovos e ao pouco morreron as dúas bolboretas. Non nos puxemos tristes porque sabiamos que isto ía ocorrer. Así é a súa vida.

Agora temos que esperar ata a próxima primavera que é a época na que nacerán os novos vermes dos ovos que deixaron as nosas bolboretas de seda.


ESPERAMOS QUE VOS PARECESE INTERESANTE A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE ESTOS ANIMALIÑOS.

O LARGATO VOADOR

 Aquí temos un largato moi especial: O LARGATO VOADOR. Cóntanos todas as súas características SILVIA TAIBO.





domingo, 17 de junio de 2012

jueves, 14 de junio de 2012

IRMANCIÑOS

SILVIA SUÁREZ pediulle á profe Patri se podía baixar á súa clase para lerlle un conto ao seu irmán SERGIO, ela aceptou encantada, asique alá fomos tod@s a visitar aos nenos de 5 anos. Silvia elixiu un libro moi fermoso titulado "A SOMBRA DA SEREA"



O noso compañeiro ALEX BRANDÓN tamén se animou a contar un conto na clase do seu irmán IZAM. A profe Paula volveunos a recibir cos brazos abertos. Alex elixiu un libro titulado: "UN CUMPLEAÑOS DIFERENTE"






miércoles, 13 de junio de 2012

O LÉMUR

Coñecedes a o LÉMUR? Pertence aos primates e MARÍA contounos todo isto sobre eles:










jueves, 7 de junio de 2012

CONTANDO CONTOS AOS MÁIS PEQUENOS

Este trimestre continuamos baixando ás aulas dos nenos de infantil para contarlles contos.

ANDREA LÓPEZ elixiu a coñecida  historia de "EL LIBRO DE LA SELVA" coa que mantivo moi entretidos aos nenos de 3 anos.





TATIANA tamén se animou a ler un conto moi divertido titulado: "MARRAMIAU"

















lunes, 4 de junio de 2012

INSECTO PAO

Hoxe toca o INSECTO PAO, Álvaro contounos un montón de cousas a cerca deste insecto tan peculiar. Andádevos con ollo, non o vaiades confundir con un garabullo.










viernes, 1 de junio de 2012

LEÓN MARIÑO

Pensabades que o león só vivía na selva? Pois non! Existe un león que vive no mar, o león mariño. Nicole fálanos sobre él.










martes, 22 de mayo de 2012

O PEIXE VOADOR!

Ainda que resulte raro, existe un peixe que voa!!! bueno, ou que semella voar, para que vos quede máis claro, a continuación podedes ler todo o que NEREA nos contou a cerca do PEIXE VOADOR!