martes, 19 de junio de 2012

VERMES DE SEDA

Como xa sabedes, este curso tivemos na clase VERMES DE SEDAAAA!!! Chegaron ao principio da primavera sendo moi pequeniños, facía poucos días que saíran do seu ovo, pero tanto lles demos de comer que enseguida medraron e engordaron, facendo diferentes mudas e pasando polas diferentes idades que debe pasar un gusano de seda.



Sabedes que os vermes de seda so comen follas de moreira? Sí, sí, son moi exquisitos eles, non queren ningunha outra comida. E non precisan beber, chégalles a auga que conteñen as follas.




Aquí vedes os nosos vermiños que siguen medrando, xa pasaron pola 1ª idade, a 2ª idade, a 3ª idade, a 4ª idade e dentro de pouco chegarán á 5ª idade. Nesta última etapa os vermes xa a penas comen e é que xa lles chegou a hora de fabricar o seu casulo de seda.




Os vermes comezan a encher todo de seda, que é ese fío branco que vedes. Antes de comezar a facer o casulo os vermes teñen algo parecido a descomposición como se ve nunha das fotos de arriba. Despois buscan un recuncho que lles sexa cómodo e comezan a retorcerse mentras botan a seda, dando voltas e máis voltas...




Aquí temos 2 dos nosos gusanos xa metidos no capuio e o terceiro a punto de comezar a facelo. A primeira seda que botan é de cor branco, pero a que recobre o capuio pode ser  ademáis de branca, amarela ou laranxa. No caso dos nosos vermes, como vedes, fixeron uns perfectos capuios de cor amarela.
Agora temos que esperar ó redor de 22 días para que realicen aí dentro a metamorfose, é dicir, a transformación de verme a bolboreta. Aí dentro pasan pola súa 6ª idade.

Todos os días miramos a ver si saiu algo do casulo, pero os días pasan...e....



Saiu a nosa primeira bolboreta!! e mirade que buratiño máis pequeniño e perfecto fixo para sair. As bolboretas expulsan un líquido que abranda a seda do casulo para que lles resulte máis doado rompelo e sair.

Cremos que esta bolboreta é macho, pois o verme que fixo ese casulo era máis pequeno que o resto e polo que investigamos as hembras son de maior tamaño.

Por certo, sabiades que estas bolboretas non voan? asique podemos quedar tranquilos que non nos van escapar.
Tampouco lles temos que botar de comer, unha vez que saen do casulo xa non comen, o seu único obxectivo é aparearse e poñer os ovos.

Pasaron algúns días máis e...


Saiu outra bolboreta!!


E parece que era hembra porque estiveron todo o día apareándose! De vez en cando o macho movía as ás.


Ó cabo duns días a hembra puxo os ovos e ao pouco morreron as dúas bolboretas. Non nos puxemos tristes porque sabiamos que isto ía ocorrer. Así é a súa vida.

Agora temos que esperar ata a próxima primavera que é a época na que nacerán os novos vermes dos ovos que deixaron as nosas bolboretas de seda.


ESPERAMOS QUE VOS PARECESE INTERESANTE A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE ESTOS ANIMALIÑOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario