lunes, 20 de febrero de 2012

ENTROIDO NO COLE!

A semana previa ao entroido, estivemos facendo diferentes traballos relacionados co mesmo.
Xa que este ano decidimos ir de personaxes de contos, fixemos un mural con agúns dos máis coñecidos como Carapuchiña, Brancaneves ou Pinocho.
Elaboramos, xunto coa clase de 4º, un Mikie e unha Minnie xigantes para logo sacar fotos. 
E por suposto, non podían faltar as típicas caretas do entroido.
A continuación, deixámosvos un pequeno resumo de todo o que traballamos!




O venres 17, antes do recreo, fixemos 4 equipos e realizamos un xogo no que teríamos que descifrar mensaxes, seguir pistas e superar probas para conseguir todas as porcións necesarias para completar un queixo.
Tivemos que bailar, cantar, recitar poesía...
Aquí tedes as probas!!







E despois do recreo...
Por fin chegou a nosa FESTA DO ENTROIDO que celebramos cos nosos compañeiros de ciclo. 
1º fixemos unha gran merenda, fartámonos de comer orellas, filloas, roscas e demáis manxares típicos do entroido. E cando xa non podíamos máis... a bailaaarrr! Todos os mosqueteiros, Carapuchiñas, Brancaneves, Pinochos, princesas, superheroes, pitufos, etc, alí presentes, bailamos e cantamos ao son da música!!
Tamén fixemos un montón de fotos. Mirade!






QUE PASEDES UN FELIZ ENTROIDO!!
A DISFRUTARRRRRRRRR...


martes, 14 de febrero de 2012

LENDO CONTOS PARA OS PEQUES!

O mércores pasado, a nosa compañeira, GRACIELA, animouse a ir á clase do seu irmán Unai e ler  para os peques do cole o seu conto favorito: "LA GIGANTA CEREZA". Todos os nen@s de 3 anos e de 3º escoitamos con atención! Foi unha bonita experiencia!

A profe Paula invitounos a volver cando queiramos. Gracias Paula! 

Quen será o seguinte valente? Xa hai varios voluntarios...




lunes, 13 de febrero de 2012

O DRAGÓN DE KOMODO

Javi ensinounos un montón de cousas a cerca do largato máis grande do mundo: O DRAGÓN DE KOMODO







lunes, 6 de febrero de 2012

O PEIXE GLOBO

Coñecedes o peixe globo? pois é un animal do máis peculiar. Andrea Arán cóntanos un montón de cousas sobre el!







domingo, 5 de febrero de 2012

A PROFE ELENA

Ola a tod@s!! 
Queremos presentarvos a Elena, unha profe de prácticas que estará con nós todo o mes de febreiro.