A semana previa ao entroido, estivemos facendo diferentes traballos relacionados co mesmo.
Xa que este ano decidimos ir de personaxes de contos, fixemos un mural con agúns dos máis coñecidos como Carapuchiña, Brancaneves ou Pinocho.
Elaboramos, xunto coa clase de 4º, un Mikie e unha Minnie xigantes para logo sacar fotos.
E por suposto, non podían faltar as típicas caretas do entroido.
A continuación, deixámosvos un pequeno resumo de todo o que traballamos!
O venres 17, antes do recreo, fixemos 4 equipos e realizamos un xogo no que teríamos que descifrar mensaxes, seguir pistas e superar probas para conseguir todas as porcións necesarias para completar un queixo.
Tivemos que bailar, cantar, recitar poesía...
Aquí tedes as probas!!
E despois do recreo...
Por fin chegou a nosa FESTA DO ENTROIDO que celebramos cos nosos compañeiros de ciclo.
1º fixemos unha gran merenda, fartámonos de comer orellas, filloas, roscas e demáis manxares típicos do entroido. E cando xa non podíamos máis... a bailaaarrr! Todos os mosqueteiros, Carapuchiñas, Brancaneves, Pinochos, princesas, superheroes, pitufos, etc, alí presentes, bailamos e cantamos ao son da música!!
Tamén fixemos un montón de fotos. Mirade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario