Como todo o bo remata, hoxe chegou o día de despedirnos de Elena... Puxémonos moi tristes pola súa marcha, xa que nos axudou moito e estivemos moi contentos e a gusto con ela, pero sabemos que nos virá visitar axiña, por iso isto non é un adeus senon un ATA PRONTO!
Só nos queda darlle as GRAZAS por todo e desexarlle toda a SORTE do mundo. Estamos seguros de que coa súa ilusión, esforzo e empeño conseguirá ser unha magnífica profesora.
Para que teña un recordo de todos nós, regalámoslle un caderno cheo de debuxos e cartas de tod@s @s nen@s da clase, e un marco coa nosa foto!
E como ela sabe que somos moi larpeiros, tróuxonos un montón de lambetadas!!
E como ela sabe que somos moi larpeiros, tróuxonos un montón de lambetadas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario