jueves, 17 de mayo de 2012

XORNADAS LUDICULTURAIS

Este ano a ANPA do cole encargouse de organizar para os nenos e nenas da Cristina as xornadas ludiculturais.
Fixeron unha fermosa exposición de aparellos e obxectos antigos, ademais de expor tamén diferentes fotografías doutras épocas, todo coa colaboración das familias.

Os rapaces e rapazas de terceiro puidemos disfrutar de varias actividades que fixeron para nós. Todas elas moi interesantes e das que ademáis aprendemos moito. 

Viñeron a darnos unha charla de educación vial, faláronnos de cómo temos que comportarnos na vía pública, tanto si somos conductores como si somos peóns. Despois puxemos os nosos coñecementos en práctica nun circuito preparado para nós. E finalmente un policía local ensinounos o seu coche, todo o que levan nel, as súas características especiais, escoitamos a serea de emerxencia e mesmo deixounos montar nel.





Tamén construimos o noso propio xoguete con material de refugallo pois viñeron tres mamás do cole a facer un obradoiro de reciclaxe. Mirade cómo os fixemos e que bonitos nos quedaron:






E ademáis conseguiron que viñeran os bombeiros para facer moito máis real o simulacro de incendio que se levou a cabo no cole e no que, por certo, fomos moi rápidos!
Despois os bombeiros mostráronnos os seus camións e puidemos subir neles!




GRAZAS Á ANPA POR ESTA SEMANA TAN ESPECIAL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario